Dagon, a seita do mar
Dagon, a seita do mar | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Dagon |
Director | Stuart Gordon |
Produtor | Carlos Fernández Julio Fernández Miguel Torrente Brian Yuzna |
Guión | Dennis Paoli |
Baseado en | The Shadow Over Innsmouth, de H. P. Lovecraft |
Intérpretes | Ezra Godden Francisco Rabal Raquel Meroño |
Música | Carles Cases |
Montaxe | Jaume Vilalta |
Distribuidora | Filmax International Lions Gate Entertainment |
Estrea | 12 de outubro de 2001 |
Duración | 98 minutos |
Orixe | España |
Xénero | Terror |
Orzamento | $4 200 000 |
Na rede | |
Dagon, a seita do mar (en inglés: Dagon) é un filme dirixido por Stuart Gordon en 2001 baseado nunha historia de H. P. Lovecraft. Foi rodada en Combarro e estreada no Festival de Sitges.
Dagon, a seita do mar estreouse o 12 de outubro de 2022 a través de Netflix, onde conta con versión dobrada en galego.[1]
Sinopse
[editar | editar a fonte]Paul e a moza Barbara están celebrando cunha viaxe en barco o éxito da súa nova empresa co seu socio Howard, e a esposa deste, Vicki. Tras chocar o barco, Vicki queda atrapada nos restos e Paul e Barbara deciden ir á vila máis próxima para buscar axuda. Este lugar, chamado Imboca, parece deserto ata que aparecen algúns estraños habitantes cos que volven ao barco. Cando chega na el Howard e Vicki desapareceron e logo Barbara é secuestrada. Fuxindo dos habitantes de Imboca, Paul descobre o segredo: son adoradores de Dagon, un demo mariño.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Ezra Godden como Paul Marsh
- Francisco Rabal como Ezequiel
- Raquel Meroño como Barbara
- Macarena Gómez como Uxía
- Brendan Price como Howard
- Birgit Bofarull como Vicki
- Uxía Blanco como a nai de Ezequiel
- Ferran Lahoz como cura
- Joan Minguell como Xavier Cambarro
- Alfredo Villa como Capitán Orpheus Cambarro
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ @Fansubgalego, ed. (12 de outubro de 2022). ""Dagon, a seita do mar" en Netflix". Consultado o 17 de outubro de 2022.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ficha na IMDb (en inglés)